20/10/10

O Gran Entroido

A historia dos mineiros atrapados xa ten película. Ten localización e nomes diferentes, pero é idéntico o argumento. O lugar, «A Gran Montaña dos Sete Buitres» semellase a localización do cono sur de América, nunha imaxinada vila de Escudero —un pobo perdido no estado de Novo México— preto de Albuquerque (en Estados Unidos); Charles Chuck Tatum non é un veterano piloto de coches conocido nese país, senón que pode apresentar aos milleiros de xornalistas anónimos, que agardan quitarse uns poucos euros, dólares ou pesos de sobresoldo, e engordar a tirada dos xornais, elevar a audiencia dos seus medios: xa se sabe que a máis audiencia, máis ingresos por publicidade e hai moitas familia tipo Federber, ansiosas de "consumir" este tipo de historias.
Lorraine non ten como competencia a unha muller, a amante —que espera ao seu home atrapado—, ainda que si pensa quizais en abandonalo.

Sebastián, Gus, Piñeira ou Kretzer que máis da como sexa o seu nome, soñan con estreitar a man do(s) soterrado(s) e dar un gran discurso que poida asegurar a súa reelección.

[D]
Fotograma da película «O Gran Entroido»
Fotograma do largo de Billy Wilder «O Gran Entroido»

A historia xa foi escrita na década dos cincoenta polo xenial Billy Wilder e fracasou comercialmente, ainda a pesares de ser unhas das mellores do cineasta polaco; a xente nese tempo pensaba que os xornalistas eran xente moi honesta, ou tamén quizais, por ser un retrato certeiro e caústico da sociedade, a que se recrea no vouierismo da desgraza alléa, a insebilidade, a ambición, a ansia de protagonismo e o poder, da traizón... demasiados aspectos negativos da nosa alma como para reconocelos diante dese reflexo, dese paralelismo moral que se recolle no interior dunha mina, escura e decadente como o noso interior.
Che incomodaría poñerte diante dese espello?, proba a ver «O gran Entroido» (The Big Carnival) — en EE.UU tiña o titulo de Ace in the Hole (As na Manga) —

Colaboración de Mondoxíbaro

14/01/10

O xogo caprichoso do azar?

Temos que ter unha lembranza para o cineasta francés , que faleceu aos 89 anos en París. Seu nome está indisolublemente ligado aos de , ou , xunto a quenes erixiu a "", unha auténtica revolución no séptimo arte europeo.

Antes de principiar no eido da cinematografía, foi mestre de letras, escritor e a súa andaina escomeceu verdaderamente en 1957, cando foi nomeado redactor-xefe da revista "Cahiers du Cinema" (Cadernos de Cinema), onde se aglutinaba o núcleo da "Nouvelle Vague". En 50 anos de carreira dirixiu 24 longametraxes: o primeiro, "O Signo do León", en 1959; e o derradeiro en 2007, "O Romance de Astrea e Celadón".

Máis non podemos deixar de nomear algunhas das obras mestres que nos legou para a posterioridade, "O Seonllo de Clara" (1970), "O Raio Verde" (premiada en Venecia con ), ou a "Miña noite con Maud", filmada en Clermont-Ferrand -no mediodía francés- nunhas xeadas noites de 1969.

Moitas das longas filmadas, amosan películas terapéuticas, necesarias para comprender ou sinxelamente para descoñecer ainda máis ao ser emocional. O(A) espectador(a) pode unirense á inxenuidade de non ter experiencia en case nada e ollar, precisamente o factor que conspira ou manipula nas relacións de parella, e ca maestría de amosarnos nos minutos iniciais do metraxe, (claves para entender a filmografía Rohmeriana), eso que pretende amosarnos sen que apenas nos decatemos, e o xeito simpe de facelo; que o que nos amosa, e non nós conta -ainda a pesares de ser un mestre nas letras-, sexamos capaces -coma a inocencia do noso primeiro bico-, ver a razón, sen a necesidade poderosa de saber como se ama, a desexar sexualmente ou, sinxelamente, a ensinarnos a xulgar, nen máis nin menos, como si fose a nosa vida cotiá; ao fin e cabo, o final é noso. Paradóxicamente ainda que semella fortuita de fiarnos esa decisión, ésta non é por azar e que cheguemos a ese final valioso e "calculado" e ainda por riba (moitas das veces) plantexando preguntas sen ofrecer directamente as respostas que agardabamos atopar.

Como acostumaba a dicir o mestre, "Eu non digo, amoso", reflexión á que chegaría despois de decatarse nos primeiros largos, que a banalidade de vida, as palabras baleiras, que non aportan máis información que as propias accións dos protagonistas que desafían a súa identidade por amor ou desamor, definindo a súa personalidade por medio de charlas sinxelas, espidas de artificios técnicos, que poden ser complementadas poderosamente por medio da imaxe e non só das palabras; (dabondo chegaba cunha sóa cámara e longo plano-secuencia).

Sinalar que Jean-Marie Maurice Scherer (o verdadeiro nome de Éric Rohmer) acostumaba a rodar case sempre coa mesma equipa profesional, destacando a labor do fotográfafo catalán e a actriz , protagonista da maior parte da pentaloxía de contos Morais e da recoñecida polo público e aclamada pola crítica "Conto de Outono", derradeira entrega dos seus contos estacionais.

Un exemplo do poder na que as palabras perfilan a situación, a temos no cerme da súa filmografía, en "Miña Noite con Maud"; a historia se asemella ao argumento dunha película de baixas pasións e bragueta desenfrenada, pero non se equivoquen, porque o que perde aos protagonistas da historia e a súa boca e o seu verbo (afilado), ás veces falando de sentimentos sen previamente experimentalos, polo pracer de falar; así de vulgar é a cotidianidade.

21/04/08

Sala de máquinas

De momento creo que non vamos para aqui.

18/04/08

Las alas de la vida

Imprescindible documental de Toni Canet, sobre o médico galego Carlos Cristos. Programado para hoxe en Versión española (A 2 TVE).




En Ourense, presentouse no pasado e reinventado! Festival de Ourense. Na sesión de presentación, o director contou unha acnédota que tivo ocasión de presenzar en Vigo, a onde acudiu Carlos. Contou que, ao rematar a proxección, entre o medio do público estaba Corina Porro, dáquela alcaldesa de Vigo, a cal dixo que lembraba a Carlos cando o miraba forrar a súa gaita a través da ventá, para así non molestar aos veciños.
Inmediatamente, Carlos, contestou máis ou menos textualmente;" -Corina, eu tamén lembro cando pasabas enfronte da miña ventá en un camisón azul!"
Debería ver o documental ou gravalo. O Ministerio da saude galo, adquiriu varias copias para repatilo polos institutos franceses como instrumento de apoio educativo.


Las alas de la vida, venres 18 de abril ás 22:05 na 2 de tve

17/04/08

Presentación

Este recuncho da rede sirve para presentar os traballos, as novas, reflexións e demás cousas que se tercien na sala de máquinas do Cine clube Padre Feijoo de Ourense. Estades convidados a participar, discutir, propoñer ou mesmo invitar a unhas cañas.